A música nórdica leva varios anos situándose como unha das referencias ineludíbeis dentro do que se pode chamar o novo jazz e, dentro desa escena, brillan con luz propia os nomes de Paal Nilssen-Love e Ingebrigt Haker Flaten. Eles forman a potentísima sección rítmica do grupo Atomic e, ademais, son integrantes de Scorch Trio a canda o guitarrista Raoul Björkenheim.
Pero en que consiste esta sonoridade que ten abducidos a todos os que deciden vivila en directo? Algúns críticos din que esta xeración de músicos cruzou a liberdade compositiva do grande Albert Ayler e a enerxía do non menos grande Jimi Hendrix. A lectura non é para menos, xa que enfrontarse a un directo de Atomic é, entre outras moitas apreciacións, recoñecer algúns dos mellores e mais arriscados instrumentistas do momento, e se ademais engadimos esta afortunada asociación, a presenza do guitarrista Raoul Björkenheim, daquela Scorch Trio é un grupo que xoga "noutra liga".
A súa música vai máis ala do jazz, ou tal vez habería que dicir que grazas a este tipo de músicos o jazz volveu á súa orixe, cara a ese espírito indomable onde os músicos, antes que virtuosos e domadores de instrumentos, son exploradores de ritmos, texturas e sons. Escoitar, e ver, a Raoul Björkenheim, tamén compoñente de Sound & Fury xunto ao finlandés Edward Vesala, é unha das mellores experiencias que todo guitarrista que se prece, independentemente do seu estilo ou dos seus intereses, debería experimentar.
SINSAL Comunicación
Sem comentários:
Enviar um comentário