Há algumas novidades na entidade galega Alg-a. Para além de outras intervenções artísticas, a netlabel lançou o segundo EP de Mequetrefe, com «5 novas composicións feitas dende o salón-estudio da súa casa de Santiago de Compostela».
«Cancións nas que se nota a influencia do grupo de directo, con extructuras con espacios para o desarroio e o goce do eventual e a improvisación, como nos temas "Bomba Navarro" e "We are like cows". Coa implicación directa dos membros do seu grupo como esas guitarras agudas de Xes. E seguindo coa liña xa marcada no primeiro EP, con homenaxes a Twin Peaks e ao triángulo psicodelia-dub-shoegaze en "Money makes me happy" e "Spaguetti’s rain", que podería ser o seu propio autoretrato», pormenoriza a editora.
Para este trabalho, o artista «vén sendo acompañado por Gerardo (Almax, donde Mequetrefe tamén colabora coa súa guitarra) e Santi (Almax e Blixdemia), ambos integrantes do histórico colectivo dos anos 90 La familia feliz, de Santiago de Compostela».
Por seu lado, a videolabel tem disponível online o trabalho "Luz natural", de Sr Pause, que apresenta «un pequeno relato en formato video centrado nunha mensaxe de móbil: "Grcias Litio x ls baterías, x ste día nfinito, x ste siglo d ls Luces, x l luz natural."».
«Durmir no día infinito é imposible, a pel continuamente iluminada polos febles pero suficientes resplandores electrónicos móbiles, unha luz que aparece ordeada por lonxanos emisores e que só nos permite albiscar a noso propio rostro. Un novo todo para o pobo, pero sin o pobo; a Ilustración escrita nunha enciclopedia sen vogais: "Grcias Litio x ls baterías, x ste día nfinito, x ste siglo d ls Luces, x l luz natural."»
Fotografias: Alg-a
Sem comentários:
Enviar um comentário