6.19.2007

Fronteiras 2007. Encontro Internacional de Artes Transdisciplinares


PRESENTACIÓN

Este evento consta dun programa de residencias artísticas paralelas en Galiza e Portugal. Proponse a posta en marcha de dúas residencias: unha en Nodar (pequena aldea ó norte portugués) e outra nos arredores de Pontevedra (Galiza).
Alí convivirán durante 10 días artistas internacionais, os cales desenvolverán os seus proxectos específicos, xunto con teóricos que neste tempo levarán a cabo un observatorio crítico.
Como resultado do traballo desenvolvido nas residencias, elaboraráse unha mostra colectiva dos participantes a nivel internacional. Esta mostra terá un carácter itinerante, comezando en Pontevedra para rematar en Portugal.
Para completa-lo simposio, programarase un ciclo de conferencias e proxeccións de proxectos audiovisuais ligados á temática proposta.

TEMA DOS PROXECTOS

O tema central da convocatoria de proxectos será o concepto de fronteira e límite, en tódalas súas variantes. A reflexión sobre os múltiples conceptos relacionados coa temática transfronteiriza, focalizando a análise non só na fronteira física, senón tamén a súa disolución en fronteiras ideolóxicas, culturais, virtuais, de habitabilidade, etc. Os soportes de creación serán libres.
Os proxectos serán expostos, ben no seu formato orixinal, ben nun formato _ documental se non fose posible trasladalos á sala expositiva. Os teóricos invitados en residencia desenvolverán traballos de investigación de campo sobre o concepto de fronteiras, que serán expostos en formato conferencia nas xornadas de presentación.

Lugar: Pontevedra (Galiza. España) / Nodar (S. Pedro do Sul. Portugal).
Data: Setembro / Outubro 2007
Organiza: Alg-a.org (Galiza) e Binaural (Portugal).
Formato: Simposio + residencia artística + exposición Fronte[ i ]ras 07.